Un castro é unha aldea fortificada. Todo o que sucede nun castro é cultura castrexa, unha cultura atlántica que se desenvolveu en Galicia e no norte de Portugal desde o ano 700 antes de Cristo ata ben avanzada a romanización. Os castrexos eran de aquí, non viñeron de lado ningún.