Santos volve á casa entre amigos….. e inimigos.
Santos volve a casa, pero agocha un obxectivo; dar un novo golpe, o último. Cal será o seu plan?
A Garda Civil investiga a Santos como autor da morte de Severino mentres el prepara o seu golpe.
Santos, Pancho e Peixe puxeron a primeira parte do plan en marcha, pero o resultado non foi o esperado.
Santos ten unha prioridade, devolver a cabeza que atoparon na caixa de seguridade que roubaron no banco.
A chegada de dous atracadores ao banco, cos que Santos non ten ningún tipo de relación, pode botar por terra o seu obxectivo.
Ao descubrir que Bieito e Duarte son os responsables do atraco, Santos fará todo o posible para axudalos a escapar.
Atrincheirados na casa familiar, Santos, Peixe, Pancho e Constante fan todo o posible por manter a raia aos homes de Antonia.
A lei de Santos
Spin off de 'Serramoura', co célebre chatarreiro como protagonista. Mario Piñeiro, alcumado Santos. A súa volta á casa coincide coa misteriosa morte dun dos seus veciños.