Santi deixa Abrente para non sufrir vendo a mudanza de Celia e Raúl á súa nova casa, onde pensan vivir con plenitude a súa relación amorosa.
![](https://d1oldvcs710rcb.cloudfront.net/category_backgrounds_mobile/8bf2cd6dd01147fea5142a1a13464fbe.jpg)
![](https://d1oldvcs710rcb.cloudfront.net/titles/107746f24a2c4a7d9685014b7c9b9066.png)
Paixón, mentiras e ambición na vida de tres familias dunha vila mariñeira
![](https://d1oldvcs710rcb.cloudfront.net/content_cards/1d4536a863c142248ea5d38ece92fc09.png)
![](https://d1oldvcs710rcb.cloudfront.net/content_cards/1473f2c0222a4608b593b961e93f9cb2.png)
Celia e Raúl pensan pasar o día xuntos, pero desbotan os seus plans ao saber que Álex está no hospital tras aparecer aboiando no porto.
![](https://d1oldvcs710rcb.cloudfront.net/content_cards/33775010c17c4beb943746528e8cec04.png)
Adela atopa a Celia levando a Carmen á consulta da pediatra. Santi decide quedar en Abrente por Álex, pois sospeita que ela se intentou suicidar.
![](https://d1oldvcs710rcb.cloudfront.net/content_cards/8124410fb0f14f43b823c4b66e7a8c73.png)
Mónica segue á fronte de Porto de Abrente grazas ao vídeo de Álex co que chantaxea a Gaspar, pero el ameázaa para que non o difunda.
![](https://d1oldvcs710rcb.cloudfront.net/content_cards/10d8970959b94f85b3e09b3f0a5f1751.png)
Celia enfróntase a Pedro porque o avogado quere que esaxere as doenzas dos pacientes nos seus informes para usalos contra a empresa das obras no porto.
![](https://d1oldvcs710rcb.cloudfront.net/content_cards/dd993cb1009548509f59d67355e747d3.png)
Isidro está grave na UCI trala derruba na súa casa. Pedro ofrécese a denunciar a empresa das obras no porto.
![](https://d1oldvcs710rcb.cloudfront.net/content_cards/2e7807c8d7aa4d2598d5011be4d07f3c.png)
No centro de saúde Celia atende a Pedro, que asegura que as súas feridas foron causadas por un accidente. En realidade, o avogado levou unha malleira.
![](https://d1oldvcs710rcb.cloudfront.net/content_cards/ee30d02808f343ac8ce4e39aa8b40f46.png)
Celia pregunta a Raúl por Óscar Osorio, o director da empresa das obras que causaron a derruba da casa de seu pai.
![](https://d1oldvcs710rcb.cloudfront.net/content_cards/9de3a98fa20b4b64ae60bfe3f03299e5.png)
Raúl reencóntrase co seu padriño, Óscar Osorio, que eloxia os seus logros profesionais a pesar das baixas expectativas que seu pai tiña postas nel.
![](https://d1oldvcs710rcb.cloudfront.net/content_cards/3a359f63b83b46d48d155f63a1f29f86.png)
Celia discute con Raúl ao descubrir a relación que o une con Óscar Osorio. A doutora Eiroa alíase con Pedro para resolver o accidente de seu pai.
![](https://d1oldvcs710rcb.cloudfront.net/content_cards/d6581857a78a4541aeb47a6d9a67a505.png)
Celia está recompilando a documentación necesaria para denunciar a Óscar Osorio polo derrubamento da casa de seu pai, que acabou con el na UCI.
![](https://d1oldvcs710rcb.cloudfront.net/content_cards/cfe1d354411a4ea7a6d1ca8b18834123.png)
Pedro dille a Celia que pode conseguir documentación comprometedora para a construtora que levou a seu pai á UCI, pero tería que pagar un suborno.
![](https://d1oldvcs710rcb.cloudfront.net/content_cards/94ca08d643e14a6c9f2004b43e3d66a8.png)
Celia dálle a Pedro os cartos para o suborno. Santi preocúpase pola lexitimidade da transacción e dubida de que o avogado sexa de fiar.
![](https://d1oldvcs710rcb.cloudfront.net/content_cards/56990e63ebec4e58b26e5adf82facb7f.png)
Pedro está molesto porque Óscar conseguiu antes o informe co que poderían demostrar a neglixencia de Osorio nas obras de ampliación do porto.
![](https://d1oldvcs710rcb.cloudfront.net/content_cards/e7ed8806968f4d33bf02a12e742edf76.png)
Celia chega á casa esgotada tras pasar a noite no hospital, pero feliz porque seu pai espertou do coma. Brais quere saber por que Noa o deixou.
![](https://d1oldvcs710rcb.cloudfront.net/content_cards/0de26924731a4d18b2aa5ca268114d64.png)
Celia volve á casa preocupada pola amnesia de Isidro. Pedro suxire aproveitar esta situación para gañar apoio público. A doutora rexeita esa proposta.
![](https://d1oldvcs710rcb.cloudfront.net/content_cards/3c393488c7a84a42b9a480f2ddb74cae.png)
Isidro parece recuperarse ben, malia que non recorda nada desde o accidente en que morreu a súa esposa Olga. Iso preocupa á súa actual parella, Belén.
![](https://d1oldvcs710rcb.cloudfront.net/content_cards/e36f31bc878f45968c565b16ea95ee9e.png)
A Isidro vanlle dar a alta no hospital e Celia convida a Raúl a marchar da casa. Pensa que podería ser traumático para el comprobar que viven xuntos.
![](https://d1oldvcs710rcb.cloudfront.net/content_cards/0e8f6f99445245c791d85d41092e5618.png)
Isidro, desorientado polos seus problemas de memoria, trata de retomar a rutina, pero Celia advírtelle que as cousas xa non son como el recorda.
![](https://d1oldvcs710rcb.cloudfront.net/content_cards/2f9bed8395a044c0ad0fe4f01570d70c.png)
A Isidro estalle resultando difícil adaptarse á súa nova realidade. Ademais da amnesia, non pode regresar á súa casa, inhabitable desde o accidente.
![](https://d1oldvcs710rcb.cloudfront.net/content_cards/70c617bfbda24728a4a67022ad280fe4.png)
Isidro está confuso tras saber por Raúl que Olga lle foi infiel con Gaspar. Ao tempo, a súa actitude fai que Belén decida marchar de Abrente.
![](https://d1oldvcs710rcb.cloudfront.net/content_cards/1fe397c7fcb0488495333373c1df1c7f.png)
Belén regresa ao bar disposta a resolver os seus problemas con Isidro. Teresa está convencida de que axiña volverán ser a parella que eran.
![](https://d1oldvcs710rcb.cloudfront.net/content_cards/bc287b2c9e9f45b49ac1fd2a4bb171f7.png)
Celia confésalle a Raúl que o seu avogado estivo na casa de seus pais buscando un antigo informe que desaconsellaba facer obras de ampliación no porto.
![](https://d1oldvcs710rcb.cloudfront.net/content_cards/fdc99961d78d40ab807a6dc9379591a2.png)
Natalia cóntalle a seu pai que grazas a unha antiga fotografía escolar está a piques de descubrir a verdadeira identidade do avogado de Celia.
![](https://d1oldvcs710rcb.cloudfront.net/content_cards/6a482f5be64840d6b824b2ddf1b6233a.png)
Un intruso irrompe na casa da familia López de Castro. A Garda Civil inicia a investigación e Mónica confesa que sospeita do avogado Pedro Taboada.
Saudade de ti
Ficción que parte dun tráxico accidente de tráfico en que morren dúas persoas, que sacode a vida de tres familias e obriga unha doutora nova, filla dunha das falecidas, a facerse cargo do seu pai e da consulta médica da vila. A aparición da nova doutora desata un rego de paixóns. As feridas polo ocorrido non se pechan.