O destino une a Olalla e a Daniel no Camiño de Santiago, para xuntar as súas vidas arredor da medicina.
Amor, asasinatos e intrigas a finais do século XVIII cando o Hostal dos Reis Católicos é o hospital de Compostela.
Un asasinato, unha investigación e a loita por facerse co acordo de venda de aprovisionamentos conflúen arredor do hospital.
A loita polo control do hospital está aberta, mentres Olalla enfronta novos desafíos amorosos e profesionais.
Un veleno enferma o caldeireiro: accidente ou delito? Mentres, as relacións cos homes menoscaban a amizade de Olalla e Rosalía.
Leopoldo morre asasinado, chega un novo capelán maior e despiden a Daniel. Xorde un remuíño de incertezas de cara ao futuro.
O pasado, as débedas e a escuridade van caendo de vagar sobre o hospital e a vida dos que por alí pasan.
A Inquisición está a facer estragos en plena loita por facerse co cabido do hospital.
Descobren quen é o culpable das mortes e Cristóbal loita contra a súa adicción ó opio, un segredo que sabe Rosalía.
A guerra de independencia pon patas arriba a cidade e tamén o funcionamento do hospital.
Ciencia e fe enfróntanse por un feito sorprendente: unha resurrección.
Conta atrás para dona Elvira. Gaspar utiliza a Úrsula para desfacerse do padre Bernardo.
O regreso de Mendoza a Santiago só ten que ver cunha obsesión: vinganza.
Emerxencia económica e sanitaria. Faltan as provisións e os orfos do hospital morren dunha doenza descoñecida.
A familia é un foco de problemas para Clara e para Olalla, mentres a guerra contra os franceses avanza.
Trepidante e emocionante final en que todos están pedentes dun fío.
Hospital Real
A finais do século das luces o Camiño de Santiago é unha vía perigosa. Olalla e Daniel coñécense por un desafortunado incidente.