Lucía e Ricardo convocan cada un dos convidados á súa voda por separado, o que resultará nun reencontro sorpresa para todos eles.
Anos despois, as personaxes de 'O Faro ' volven encontrarse con motivo da ansiada voda de dous dos seus protagonistas.
O que comezou como unha xuntanza chea de paz e sosego axiña se tornará nun escenario máis escabroso.
Ricardo confésalle a Lucía que intentou cancelar a voda.
Ricardo pídelle a Lucía que non o deixe, pero ela xa tomou a súa decisión.
Lucía descobre algo que marcará un punto de inflexión na súa relación con Ricardo.
Ricardo sospeita que Lucía e Antón están xuntos.
Ricardo teme perder definitivamente a Lucía por culpa de Antón.
Álex acusa a Erea de ser quen atacou a Dora, e todas as pistas apuntan a que así puido ser.
O pasado de Álex e Dora sae á luz.
Lucía recibe no hospital unha noticia que podería darlle un novo xiro á súa relación con Ricardo.
Faro. O reencontro
O que comezou como unha xuntanza chea de paz e sosego, pronto se tornará nun escenario máis escabroso. Aparece unha vítima e son varios os sospeitosos do crime. Cada un dos asistentes á cerimonia deberá defender a súa coartada para preservar a súa inocencia. Un reencontro cheo de intriga, misterio, amor, humor e sobre todo, moita emoción.