Pedro vendeu o taller a un conglomerado empresarial e vese obrigado a encargarse de algúns traballos que noutro tempo tivera rexeitado.
Sardiñeira convértese no escenario das loitas entre clans do narcotráfico.
A chegada de Marcos provoca unha sensación de incomodidade no cuartel que o tenente Táboas intenta atallar.
Arturo Campos convértese na peza máis cobizada de Sardiñeira.
O xefe dos Matalobos organiza unha reunión cos xefes dos clans de Sardiñeira e Marcos acusa a Carmelo do asasinato de Veloso.
As palabras da xuíza á prensa sobre as investigacións policiais chegan aos oídos dos Matalobos.
Carmelo Matalobos sabe que o seu avogado non resistirá moito tempo dentro do cárcere.
Adriana ten cada vez máis poder na Sardiñeira e o negocio do narcotráfico mestúrase co da prostitución.
Carmelo non ten outra opción que buscar o sempre inestimable apoio de súa nai, a matriarca dos Matalobos.
As forzas da orde continúan as súas investigacións.
A presión da xuíza Olaia Mosteiro obriga a Marcos Matalobos a recorrer á súa confidente.
O tenente Táboas e seus homes seguen con certo escepticismo o ronsel do buque Cartagena.
A do marisco está a piques de fracasar e os Matalobos non poden permitirse cometer un novo erro.
Carmelo conseguiu saír airoso da operación de descarga, pero Adriana Calderón manda un sicario á Sardiñeira para acabar co xefe dos Matalobos.
Carmelo non sabe que facer ante o feito de que Bárbara o vendeu pero logo tamén lle salvou a vida.
Adriana Calderón consegue entrar no consorcio por mediación de Dona Carme, mentres que Sara, a avogada, non lle teme facerlles fronte aos Matalobos.
A declaración de Bárbara é inminente e polo que parece todos os implicados son pezas nun taboleiro dirixido por Carmelo.
As sospeitas medran ao redor do sarxento Rafael e o caso de Olaia contra Arturo Campos sofre un revés pola intervención de Bárbara, a muller de Carmelo.
O pasado ameaza con salpicar a dona Carmen. Arturo Campos, cada vez máis desesperado pola súa situación, séntese abandonado polo clan máis poderoso de Sardiñeira.
Carmelo artella un plan para que o seu fillo non rinda contas ante a xustiza por atropelar un neno de dez anos.
O tenente Táboas písalle os talóns a Carmelo e non pensa parar ata velo entre reixas.
A maior descarga da historia da Sardiñeira está en marcha.
Carmelo dispón de só 24 horas para salvar a vida de seu fillo.
Matalobos
Unha coñecida familia de narcotraficantes que vive na vila de Sardiñeira enfróntase á chegada dos novos clans colombianos e ao cada vez maior asedio policial.