Desde Lourenzá ata o espertar do galeguismo.
Desde o berce ata as últimas luces, un paseo pola vida dun dos alicerces da literatura galega e da súa difusión.
As luces primeiras | Capítulo 1
A pegada política | Capítulo 2
Fernández del Riego comeza a universidade e inicia a súa militancia no galeguismo.
Furando nas tebras | Capítulo 3
Guerra Civil e posguerra: Galaxia e o Día das Letras Galegas.
Xermolar da semente | Capítulo 4
A construción de redes entre a Galicia da dictadura e a Galicia exiliada.
O Día das Letras Galegas | Capítulo 5
Francisco Fernández del Riego, o pai intelectual do Día das Letras Galegas.
Sempre a pé de obra | Capítulo 6
A palabra por vocación. Divulgador, articulista e novelista.
Información
Francisco Fernández del Riego, o que nunca se rendeu
Serie documental sobre o intelectual ao que a Real Academia Galega lle dedica o Día das Letras Galegas 2023. Percorre a súa vida desde o seu nacemento en 1913 ata o seu falecemento 2010. Sorprende pola súa capacidade de actuar en todos os ámbitos posibles para facer da súa idea de Galicia unha realidade.
Canle da primeira emisión: TVG
Ano de produción: 2023