![](https://d1oldvcs710rcb.cloudfront.net/category_backgrounds_mobile/9ccc194040ae45b4bbc1371f640af3c3.png)
![](https://d1oldvcs710rcb.cloudfront.net/titles/1213f144ea94410da5cea506c12bd7e7.png)
‘Noite Xigante’ é o “Concurshow”, programa de Televisión de Galicia que presenta María Mera e que conta con César Romero como colaborador. Combina espectáculo e concurso e conta con famosos convidados, galegos e de fóra, que participan activamente no “show”. No concurso participan cinco valentes que se enfrontan a probas espectaculares e loitan por converterse no finalista e gañar o Grande Escaparate, que agocha un conxunto de premios valorados en preto de 8.000 euros.