Un pequeno empresario danés, Axel, decide apostar por un invento que revolucionará a vida das mulleres.
A historia do inventor do rolo eléctrico, que nos anos 60 revolucionou a vida das mulleres en todo o mundo pero, sobre todo, as da vila onde naceu.
Axel decide presentar o seu invento na feira de beleza máis importante de Dinamarca.
Tralo fracaso da feira, Axel convéncese para vender o seu invento porta por porta.
Comezan as obras da nova fábrica de Carmen Curlers.
Birthe estréase como recrutadora de persoal mentres Axel pensa no Nadal.
Frans acepta un traballo de peiteador nunha sesión de fotos en Copenhague e a experiencia ábrelle os ollos.
Na casa de Axel e na de Birthe o Nadal é menos feliz do que terían desexado.
Carmen Curlers triunfa en Paris e Jorgen recibe unha boa noticia.
Carmen Curlers
O rizador de cabelo eléctrico librou as mulleres de pasar infinitas horas no salón de peiteado. O empresario Axel Byvang patentou o invento e fundou Carmen Curlers, unha empresa que pasou de dúas a 3500 empregadas en 6 anos, e que permitiu acceder ao mundo laboral a moitas, ata entón, amas de casa.