A vida de Alexandre Campos Ramírez, alias “Alexandre de Fisterra”, poeta, editor, inventor e anarquista, é digna dunha novela (ou unha serie).
'Xa choveu!' é unha serie de vídeos curtos onde descubrir as historias máis curiosas de Galicia.
A incrible historia do xenio inventor do futbolín | Capítulo 1
A orixe das frechas amarelas do Camiño | Capítulo 2
As frechas amarelas do Camiño de Santiago son un sinal de identidade da ruta. Pero a alguén se lle tivo que ocorrer a idea...
A guerra que comezou por un peixe | Capítulo 3
A “Guerra do Fletán” foi un dos conflitos internacionais máis absurdos da historia.
A pioneira que conquistou o mundo do fútbol | Capítulo 4
Cando Irene González empezou a xogar ao fútbol e fundou o seu propio equipo, o Irene Fútbol Club, as mulleres aínda non podían votar en España.
As orixes galegas de Cristovo Colón | Capítulo 5
O lugar de nacemento do descubridor de América segue a ser un enigma. E se fose galego?
Información
Xa choveu!
Quen foi a primeira muller futbolista profesional? Cal é a orixe das frechas do Camiño? Nestas pezas coñecemos os segredos da nosa historia cun estilo desenfadado e ilustramos as anécdotas máis descoñecidas destes acontecementos históricos. Unha forma diferente de achegarnos á historia de Galicia.
Dirección: Jorge Boquete
Ano de produción: 2023