Cinco novos concursantes preséntanse no 'Atrápame se podes' con gana de pasalo ben e de intentar conseguir un bote que empeza a semana en 21.400€. Mon de Tui, Patri de Cangas, Víctor de Pantón, Susana de Ferrol e José Luis de Arteixo viven a súa primeira experiencia no programa.