Chéganche, a través de mensaxes ou correos, ofertas comerciais ou laborais incribles? Esther advírtenos do perigo de compartir os datos bancarios, tanto mediante as ligazóns que nos chegan con ofertas de emprego, coma con persoas que se fan pasar por persoal de recursos humanos, xa que seguramente se trate dun cibercarracho.