O músico e escritor Xurxo Souto, autor do libro ‘Somos un pobo de artistas. O método Luísa Villalta’, fálanos dunha obra que defende a relación entre poesía e música ao longo da historia, ademais de rescatar importantes figuras da música popular.