Entrevista en plató con Hugo Gómez Chao, director artístico do RESIS Festival. Colaboración en plató de Arquitectura con Ruth Varela que falará da exposición da XVI Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo, aberta no Mercado de San Agustín, na Coruña. Outros contidos: Reportaxe EQX, proxecto musical que nace en Lugo co obxectivo de explorar, experimentar e innovar no campo da música electrónica. Corufest e música de Mekanika Rolling Band.