Nin o imaxinas | 02-06-2024

As dúas beiras da ría de Vigo unidas por un túnel.

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Nin o imaxinas | 02-06-2024

O espazo da TVG defende a proposta dun túnel que una Vigo e Cangas da man do enxeñeiro de camiños, canais e portos Luís Medina, do empresario Xosé M. Fernández Alvariño e do oceanógrafo David Torres. Coma sempre, a realidade virtual daralle sentido a todo aquilo onde a imaxinación non chega. Para os que aínda non o saiban, en Galicia está o cráter gasístico máis grande do mundo, coñecido como ‘o gran burato’ e situado na vila de Muros. Sen deixar de lado a historia galega, contamos o que se esconde no falecemento dunha das grandes estrelas do Hollywood clásico, que tivo lugar en Cedeira. Leslie Howard, un dos protagonistas do clásico filme ‘Foise co vento’, faleceu durante a Segunda Guerra Mundial na costa galega. O voo en que viaxaba de Lisboa a Bristol foi derrubado polos alemáns mentres sobrevoaba o Atlántico. ‘Nin o imaxinas’ quere lembrar a maior catástrofe aérea acontecida en Galicia, o accidente aéreo de Montrove do ano 1973. A través dunha reportaxe, contará con todo detalle como foi dita traxedia, da man de testemuñas de primeira man. O peixe de temporada será outro dos temas principais do programa deste domingo, que se achegará ás prazas de cidades como Ferrol, A Coruña e Ribeira para analizar se a xente coñece que peixe está de temporada en cada estación do ano.