O partido comezou cun impresionante incendio na bancada. O Deportivo e o Murcia pugnaban polo ascenso a Primeira División. No banco deportivista estaba Arsenio. Os goles de Stojadinovic conduciron ao paraíso perdido. O final foi feliz, que máis se pode pedir.