As novelas románticas nunca gozaron do prestixio da crítica por ser consideradas un entretemento menor de mulleres. Dentro desta lóxica é doado entender por que non soa demasiado o nome de May Carré, autora de máis de 150 novelas. Descubrimos a que poderiamos considerar a Corín Tellado galega.