O conxunto de Arsenio ofrece outra 'master class'.
Aqueles marabillosos 90
A década na que Galicia tivo tres equipos na Primeira División de fútbol
O Compostela non é capaz de frear o Fenómeno. Ronaldo desbocado colle o balón no seu campo e non para ata bater o veterano Fernando. O gol de Maradona contra Inglaterra revisitado. San Lázaro aplaude este milagre.
O final foi feliz, que máis se pode pedir
O Real Madrid que vén de gañar a Champions non pode frear tanto talento celeste
Djalminha ou Mostovoi. Mauro Silva ou Mazinho. Non hai que elixir, todos estaban no recinto coruñés
Catro goles no clásico, o nunca visto
A máquina celeste mételle catro á mellor defensa do campionato
Ao coliseo coruñés aínda lle faltaba a bancada do Pavillón... mágoa!
O equipo vigués xoga a permanencia fronte ao Madrid de Capello. A inspiración rematadora de Gudelj converte o partido nunha festa da permanencia. Aperitivo do gran Celta que vai vir.
Unha vitoria agónica contra os colchoeiros arma de moral o Compos, en plena batalla pola permanencia. Sion e Bellido culminan a remonta. Bellido toca o ceo. No equipo de Jesús Gil e Ántic marca Vieri. A humildade sempre triunfa, polo menos neste part...
Javier Irureta pon orde no Celta e tradúcese en puntos, tamén no noso derbi. No intercambio de papeis, os que agora apuntan a Europa son os celestes. Un gol do zar Mostovoi é un complemento sempre atractivo.
Aqueles marabillosos 90
Lembramos algúns partidos destacados da época na que o Celta, o Deportivo e o Compostela coincidiron na categoría de honra do fútbol español.