Hai moita excusa para non sacar o santo
Os móbiles van botar fume
Lolo ten unha idea de negocio
Non sempre as mellores intencións rematan ben
A familia precisa un condutor!
Rosa e John van de visita a Galicia.
Beni tenta xuntar o grupo co que comezou na música.
Carme leva un feixe de tempo seguindo unha desas series turcas na televisión e hoxe é o último capítulo.
Sindo descobre que a súa exmuller, Raquel, acaba de montar unha tenda de roupa do fogar e iso non lle fai ningunha graza.
Carme está convencida de que ela e máis Lolo están pasando unha etapa de moi mala sorte.
Nerea quere poñer un “piercing” como todas as súas amigas, pero Sindo non está polo labor.
Toca viaxe familiar. Por fin Carme e Lolo atopan o momento para ir ver a Rosa a Londres. Pero xusto este momento a Rosa non lle vén ben.
A Lolo tócalle ir á revisión co urólogo e Carme quere que se lave para ir á consulta, pero non vai a auga quente da casa.
Unha tía de Carme, Luz Divina, sofre un episodio de ansiedade e os médicos recoméndanlle que vaia vivir a unha residencia.
Desbordado polo desamor, Beni compón unha canción dedicada a unha exmoza, Vane.
A chegada de internet cambiou moitas cousas en sectores como a compra e venda de segunda man.
Poucos eran os que pensaban que Vitito, un curmán segundo da familia, chegaría a casar algún día.
Hai moitos tipo de faltas: as do fútbol, as de respecto, as de ansia... E hai que saber identificalas.
Ghuasapp
Carme, unha muller brava, e Lolo, un lobo de mar xubilado, teñen tres fillos maiores e independentes: Sindo, empresario, divorciado e cunha filla adolescente; Beni, taxista e músico vocacional, e Rosa, “influencer” que casou en Londres. Todos espallados pero en contacto a través do “Ghuasapp”.