Sexo na terceira idade | Capítulo 21

‘Xente Marabillosa’ fala sen rubor nin vergoña dun tema que continúa sendo tabú para moitos galegos: o sexo na terceira idade.

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Sexo na terceira idade | Capítulo 21

Para axudar a visibilizar algúns prexuízos, estréase unha cámara oculta en que unha señora maior vai a unha parafarmacia acompañada da súa filla coa intención de mercar un xel lubricante. Namorou de novo e pensa marchar de viaxe coa súa parella. Pero, en lugar de apoio, a muller recibe reproches, incomprensión e mesmo carraxe por parte da filla. A non ser que alguén saia na súa defensa...

Dirección: Fran Rodríguez, Edu Yanes, Óscar Vega, Eva Pérez. Ano de produción: 2024