O 3 de decembro de 1992 o buque Mar Exeo, procedente de Escocia e con oitenta mil toneladas de cru, encalla aos pés da Torre de Hércules, na Coruña.
Feitos tráxicos ou momentos irrepetibles da nosa historia recente contados polos seus protagonistas
Ás dez da mañá, o Mar Exeo estoupa. A bordo quedan o práctico, o capitán, varios mariñeiros e dous rescatadores que se lanzan a un mar cheo de petróleo.
No corazón da Ribeira Sacra, o mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil leva séculos escondendo un tesouro de incalculable valor.
Onde están os nove aneis dos bispos de Santo Estevo? Segundo a lenda, esas xoias tiñan a capacidade de curar os enfermos. Pero desapareceron.
Mércores, 10 de outubro de 1990. Moitos estudantes quedan para saíren pola noite en Santiago de Compostela, unha cidade en pleno apoxeo universitario.
Ás 3:20 da madrugada unha bomba estala, por erro, na discoteca Clangor de Santiago de Compostela, con douscentos estudantes no seu interior.
O 13 de agosto do 73 Pepucho, fotógrafo profesional que traballa para varios medios, recibe unha chamada cunha información que se resiste a crer.
Os teléfonos non deixan de soar. As familias queren saber se os seus seres queridos están vivos.
Historias de aquí
‘Historias de aquí’ é unha serie que fusiona o documental e a ficción para darnos unha perspectiva única sobre acontecementos, personaxes icónicos e fitos culturais que deixaron unha pegada imborrable na nosa memoria colectiva.