María Rosa Lojo, nada en Bos Aires pero con ascendencia en Boiro, tivo unha vocación moi precoz pola literatura. Criada nunha familia de pai galego, plural e tolerante, namorou dos castiñeiros e das súas raíces galegas ata o punto de que, de nena, case se sentía estranxeira na súa terra.