O ourensán Ramón Santamarina fuxiu á Arxentina sendo un adolescente para se instalar na Pampa. Traballou como peón e foi adquirindo bois e carretas cos que iniciou un negocio co que fixo unha gran fortuna e creou unha rendible compañía: “Santamarina e Hijos”.