Mari Carme, de Sarria, é unha namorada da froita, ten o froiteiro que verte por fóra e pide axuda. Xulio Mato dálle unha receita de tortas que levan plátano, kiwi e amorodos con crema de laranxa. Begoña Vázquez opta por unha torta Tatin de mazá e pera con "mousse" e amorodos.