Rosi, de Ferrol, quere variar os seus pratos de pasta. Para axudala Xulio Mato prepara uns espaguetes cunha salsa indicada unicamente para este tipo de pasta a base de tomate e papo de porco. Lucía Vázquez sorprende cuns “conchiglioni” recheos dunha salsa clásica, a boloñesa.