Mer, de Boiro, quere sorprender a familia cunha receita nova de salmón. Como opción Begoña Vázquez prepara un salmón rebozado e crocante que incorpora a unha salsa de allos porros e allos tenros con nata para guisalo. Xulio mato inventa uns roliños de salmón con lagostinos, espinacas, nata e queixo curado.