Celia, de Cangas, é moi larpeira e devece polos doces de crema e de nata. A receita que lle presenta Merchi Rodal é unha “bamba” ou “cristina” que vai encher con tona e amorodos e cubrir con chocolate. Mentres Xulio Mato prepara unhas “bombas” ou “berlinas” cheas de crema pasteleira.