María, de Arteixo, come dous días a semana plátano e está un pouco cansa das receitas de sempre. Xulio Mato vaise polo salgado para preparar unhas pulgas de plátano e queixo, mentres que Begoña Vázquez tira polo doce e fai unha tortaleta de plátano, un doce sen azucre.