![](https://d1oldvcs710rcb.cloudfront.net/category_backgrounds/02b0bb211f4e4c74877036896f021459.jpg)
Centos de milleiros de galegos protagonizaron, ao longo dun século, un éxodo colectivo de proporcións colosais. Embarcaron cara a América coa maleta baleira, o corazón encollido e a cabeza inflamada de ilusións na procura dun futuro mellor. Non todos o lograron, mais todos contribuíron a forxar unha gran xesta que cambiou o curso da nosa historia. Unha proeza de enorme dimensión e transcendencia que constitúe “A Grande epopea de Galicia”.